Hoxe tivemos a primeira reunión do club de lectura. Os aventureiros fomos:
Irene Herrero (S2ºA)
Charlene Harriswangler (S2ºA)
Paulina Álvarez (S2ºA)
Nicolás González (S2ºA)
Isaque Rocha Borges (S2ºC)
Alberto Mayo (S2ºC)
Jessica Mengotti (S3ºC)
Marta Pía Lorenzo
Matilde De Cal Cortina
Tras unha breve presentación para coñecernos mellor, decidimos o seguinte:
1.- Reunirnos na biblioteca unha vez ao mes, os martes ao rematar as clases, para falar entre nós do libro que esteamos a ler.
2.-Deixar comentarios neste blogue sobre o libro en cuestión, o autor ou o tema.
3.- Elixir cada un de nós tres libros que queiramos ler para levalos á próxima reunión.
4.- Poñer un nome ao club de lectura.
5.- Ler este mes A illa do tesouro de ROBERT. L. STEVENSON.
PRÓXIMA REUNIÓN O 19 DE XANEIRO ÁS 18.10.
O club de lectura sempre estará aberto á participación de todo o que queira sumarse a el mediante a asistencia ás reunións mensuais ou colaborando a través do blogue por medio de comentarios.
No capítulo 1º o narrador fainos unha minuciosa descrición dun vello mariñeiro que se fai chamar "capitán", un matón prepotente que non ten máis obxectivo na vida que agardar e emborracharse. Non vos resulta curioso que non pague a pensión na pousada e si lle pague ao narrador por facer de vixía? Ou que a xente, entre eles o pai do narrador, se sintan intimidados por el e, pola contra, o narrador non lle teña medo?
ResponderEliminarQue pensades disto?
Quererá anunciarnos algo do narrador?
ResponderEliminarUn pouco de medo si que lle ten. Ao principio di que lle perturbaba os seus soños e se lle aparecía baixo mil formas diabólicas. O que semella é que os demais aínda lle tiñan máis medo.
ResponderEliminarPero co que soña é con ese personaxe da pata de pau do que lle falou o "capitán", non co personaxe do "capitán" que vive na súa pousada.
ResponderEliminarCito textualmente:
ResponderEliminar"No hay que decir hasta qué punto este raro personaje perturbaba mis sueños. En las noches de tempestad, cuando el viento bramaba en torno de la casa y las olas mugían en la angosta ensenada, estrellándose contra el acantilado, se me aparecía bajo mil formas diversas y todas diabólicas."
Douvos a razón de que ata aqui se refire ao mariñeiro cunha soa perna do que lle falou o capitán. Pero a continuación di:
"No obstante, a pesar de vivir aterrado por la idea del marinero con una sola pierna, el propio capitán me infundía a mi mucho menos miedo que a los demás....". Moito menos medo, é MEDO?.
Ademais na última folla do capítulo 3 (La mancha negra)di:
"Puesto en semejante trance, el temor que me inspiraba el ciego me hizo olvidar el miedo que sentía por el capitán."
Non credes que algo de medo si que lle tiña?
Pero o importante é que non se lle nota, en contraposición ao que lle sucede a seu pai, que se nos presenta como débil e enfermizo. Pero a miña pregunta viña a conto porque, tal vez, con esta caracterización do narrador por contraste se nos pode querer adiantar algo do que logo seráa súa actitude ante a vida.
ResponderEliminarO capítulo II está estruturado en tres diálogos: un entre Jim e Black Doge,outro entre Black Doge e o "capitán" e un terceiro entre Bill e o doutor Livesey. Cal dos tres vos parece máis interesante? Cal dos tres esperta máis a vosa imaxinación?
ResponderEliminarNeste capítulo tamén se fai unha decrición do tempo meteorolóxico. Fixástesvos nela? Que sensación vos produce? Vedes algunha correspondencia entre esa descrición e o que sucede posteriormente?
espero que teñades unha boa entrada de ano,e que siga ben
ResponderEliminarboas festas e feliz aninovo
Síntoo moito por tardar en contestar.
ResponderEliminarDos tres diálogos o que me parece máis interesante e tamén o que deixa voar máis a miña imaxinación é, sen dúbidas, o diálogo entre o "capitán" e Black Doge.
Respecto á descrición meteorolóxica, recordame á frase "a calma que precede á tormenta", polo que ten, na miña opinión, moita correspondencia cos ancontecementos que a suceden.
E a vós que os parece?
Eu coincido totalmente coas túas apreciacións
ResponderEliminarNo capítulo III da obra o estado de ánimo do "capitán" cambia moito: deixa de preocuparse pola xente, súmese nos seus propios pensamentos e incluso cambia a súa famosa canción mariñeira por unha canción de amor.
ResponderEliminarOpinades que este cambio no estado anímico do "capitán" é debido ao seu mal estado de saúde, provocado en gran parte pola bebida, a unha depresión xerada polo medo trala misteriosa vista de Black Doge ou talvez a ámbalas dúas?
Eu penso que o cambio experimentado polo "capitán" débese, sobre todo, á situación de intranquilidade que está a vivir, aínda que, por suposto, tamén inflúe o seu estado de saúde e a súa idade. Bill, vello e enfermo, sente que non lle queda moito tempo de vida e lembra con saudade os tempos da súa mocidade a través desa canción de amor. Isto tamén nos serve para comprobar que detrás do tipo duro, agresivo e enredante aínda queda algún trazo de humanidade, por moi pouco que sexa.
ResponderEliminarAo final do capítulo III morre Bill, "o capitán". Pensades que podería rematar aquí a historia e lela como un conto, ou pensades que queda algún cabo solto? Que ideas se vos ocorren ao respecto?
ResponderEliminarSeica podería rematar nese punto, moitos contos rematan dese xeito, deixando sempre algo á imaxinación do lector, mais, na miña opinión, son demasiadas as cousas que seguen sendo un misterio: Quen é ese home misterioso cunha pata de pao? Por que quererían uns estraños personaxes asasinar a Bill, o "capitán"? Que faran os nosos protagonistas ante a situación que están a vivir?... As cuestións son inesgotables e, sen dúbidas, as respostas a elas descubriranse ao longo da novela e, se a historia rematase aquí, non se saberían xamáis.
ResponderEliminarEu súmome a esta iniciativa. Os rapaces do clube de lectura non me coñecen pero as profes sí (son Alba aínda que aí enriba poña Verde Manzanita, que é o meu nick).
ResponderEliminarÁs reunións evidentemente e por razóns tanto de tempo como de distancia non podo asistir pero se por medio deste blog vos podo axudar en algo ou colaborar convosco sabede que me tedes aquí para o que queirades.
Que xa era hora de que montasedes un blog. Pero Matilde, ¿para cando un blog de clásicas? ¿Se o monto eu colaboras ti?
Un saúdo e un bico para estas profes tan emprendedoras.
Non sabes a alegria que me deu ver o teu comentario. E dáme moita alegría que participes. Estate atenta porque seguro que a semana que vén vai aparecer algo que che vai gustar. Isto faime pensar que existe a telepatía.
ResponderEliminarOla, Alba! Que gusto saber de ti! Conta coa miña colaboración nese blog de clásicas do que falas. Paréceme unha boa idea e máis aínda se conseguimos ter un sitio onde profes e alumnos que amamos "as clásicas" (fun discreta, porque ía a poñer "o grego")contamos as nosas cousas.
ResponderEliminarOcórreseme que poderías dicirnos qué libros te gustaban a ti cando tiñas 13 anos, e así na próxima reunión podémolo comentar. Bicos e cando queiras tomamos un coffee.
Alégrame moito saber das dúas.
ResponderEliminarCando tiña 13 anos, buf, lía moitísimo. Para lembrarme case vou ter que consultar a miña estantería de libros online (www.anobii.com é unha estantería virtual onde podedes subi-los libros que lestes introducindo o seu ISBN e así levade-la conta, podedes tamén formar grupos e coñecer xente, está moi ben). Pero bueno, supoño que daquela, á parte do omnipresente Harry Potter, gustábanme libros como O Principiño, O Hobbit...
Había un libro moi bo que me regalara miña tía que se chamaba "El Aguijón del Diablo", que é dun rapaz adolescente que se droga, impresionante.
Tamén lía libros de lendas doutras culturas, de Exipto, de Grecia (ese foi de feito o meu primeiro contacto co mundo grego), das Illas Británicas... E había un libro que se chamaba "As Confesións de Carlota Doyle" que me gustara moito.
Un que lles podía gustar moito ós rapaces podía ser "Cuentos del Japón Viejo", lino fai un ano ou así pero é perfecto para esa idade. Son contos que se len en Xapón, como aquí a Carrapuchiña, poiis aló por exemplo a lenda de Momotaro. Son moi bonitos, incluso algúns dan algo de repelús, porque hai demos que comen xente e iso. Moi xaponés todo =)
E xa por último eu recomendaría "O señor Ibrahim e as Flores do Corán", que é precioso, é sobre un rapaz xudeu que se fai amigo dun vello vendedor musulmán. Tamén hai a peli, así que sería unha bonita actividade ler o libro e ver a peli logo, por exemplo.
Despídome pero ata dentro de pouco, porque seguirei as novidades do blog e en canto teña un rato libre e o planifique ben creo o blog de clásicas que vos dixen. Estiven a pensar un título, por certo, Ágora 431, as referencias son evidentes pero, que vos parece?
Dasnos moi boas ideas no teu comentario. Grazas de novo! Un dos libros que citas, as confesións de Carlota Doyle, é o libro que temos para ler este mes de marzo, cando acabemos o que estamos a ler. Tomo nota dos demais para próximas lecturas, así como desa estantería virtual.
ResponderEliminarComo agradecemento pola túa colaboración, aí vai a páxina onde tes os exames de grego de 2009 que me pediches. Un bico
http://ciug.cesga.es/docs/probas/2009/paau2009%20Grego.pdf
Xa descubriches a sorpresa! Pero bueno, de todos modos esta semana íase saber.
ResponderEliminarA ver que aceptación ten o libro entre os lectores do club. Eu xa o lin e gustoume moito. Penso que sabe dosificar moi ben a información para manter o suspense.