28/10/10

CUARTO POEMA

Prometimos un poema cada semana e cumprimos. Trátase do poema A Rosalía de CURROS ENRÍQUEZ.

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan soia
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu…
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

E agora, despois de ler o poema podedes premer neste enlace e escoitaredes este mesmo poema cantado. ESPERO QUE VOS GUSTE.

4 comentários:

  1. Non coñecía este poema e, a dicir verdade, gustoume moito. Para a próxima semana deberíamos poñer un poema da propia Rosalía, verdade?

    ResponderEliminar
  2. Eu coñezo este poema porque o cantamos en coro pero a canción chamábase "Do mar pola orela". Eu creo que sei facer un novo blog, empezamos a facelo?

    ResponderEliminar
  3. Por suposto, Charlene. O único que dixemos é que cando o teñades, teredes que dicirmo para vos dar o visto bo. De acordo?

    ResponderEliminar
  4. lucia,daniela y andrea16/11/10 19:12

    cales son as propostas para o club de lectura de 1ero e 2 da eso??????????

    ResponderEliminar