07/11/10

QUINTO POEMA

Pedíades un poema de ROSALÍA e aqui volo deixo. Espero que vos guste. Se queredes escoitalo musicado por Carlos Núñez, premede AQUI.

ALBORADA



Vaite, noi-
te,—vai fuxin-
do.—Vente auro-
ra,—vente abrin-
do,—co teu ros-
tro,—que, sorrin-
do,—¡¡¡a sombra espanta!!!

¡Canta,
paxariño, can-
ta—de ponliña en pon-
la,—que o sol se levan-
ta—polo monte ver-
de,—polo verde mon-
te,—alegrando as her-
bas,—alegrando as fon-
tes!...

¡Canta, paxariño alegre,
canta!
¡Canta porque o millo medre,
canta!
Canta porque a luz te escoite,
canta!
Canta que fuxeu a noite.

Noite escura
logo ven
e moito dura
co seu manto
de tristura.
Con meigallos
e temores,
agoreira
de dolores,
agarimo
de pesares,
cubridora
en todo mal.
¡Sal...!

Que a auroriña
o ceu colora
cuns arbores
que namora,
cun sembrante
de ouro e prata
teñidiño
de escalrata.
Cuns vestidos
de diamante
que lle borda
o sol amante
antre as ondas
de cristal.

¡Sal...!
señora en todo mal,
que o sol
xa brila
nas cunchiñas do areal;
que a luz
do día
viste a terra de alegría;
que o sol
derrete con amor a escarcha fría.

1 comentário:

  1. LUCIA ANDREA Y DANIELA!!!!!!!15/11/10 13:42

    o libro de emily the estrange e un relato no que o propio libro e o diario de emily a nosa protagonista-tijereta.Este relato esta cheo de misterio e intriga sobre unha nena que se inyecta dosis de perdida de memoria(AMNESIA)y que tendra que sobrevivir nun mundo novo para ela.

    ResponderEliminar