Ola a todos! Antes de comezar pidámoslles ás Musas que inspiren o noso canto, pois sen a inspiración o poeta é un simple mortal.
Eu son CLÍO, a Musa da Historia e da poesía heroica. Son filla de Zeus e Mnemosyne, polo tanto, neta de Urano e Xea. Din que teño oito irmás:
"Ela deu a luz a nove fillas de iguais pensamentos, afeccionadas ao canto e de corazón ledo, preto do máis alto cumio do nevado Olimpo" (Hesíodo, "Teogonía").
As nove movémonos entre o Olimpo, onde somos chamadas a miudo por Zeus para aledar as súas festas, e o monte Helicón, onde formamos fermosos coros e percorremos os seus ríos e vales. Tamén estamos ligadas a Apolo, deus da música, que dirixe no Monte Parnaso o noso coro.
Din que introducin o alfabeto fenicio en Grecia, e que teño un fillo, chamado Xacinto, compañeiro de Apolo.
Hoxe quérovos contar un mito sobre min e as miñas irmás.
O rei Píero de Pieria, en Tracia, tiña nove fillas que eran moi hábiles na arte do canto. Estaban tan orgullosas desta virtude que decidiron viaxar ata o Helicón e retar ás musas a unha competición, que as deusas aceptaron. Mais non esquezades que retar aos deuses era considerado "hybris" e os deuses castigaban sempre estes retos: contra a "hybris"(arrogancia, traspasar os límites) sempre actuaba a "nemesis" (a vinganza).

Pois ben, as piérides entonaron unha canción marabillosa que fixo enmudecer mesmo aos paxaros. Pero o canto das musas conmoveu ata as pedras. As piérides, derrotadas, foron castigadas pola súa arrogancia; as musas transformáronas en pegas, cambiando as súas voces por grallos.
Hola! Son Melpómene.
ResponderEliminarOla! Eu son Calíope.
ResponderEliminarEste comentário foi removido por um gestor do blogue.
ResponderEliminarHola!
ResponderEliminarSon Terpsícore
Xa somos catro Musas: Melpómene, Calíope, Terpsícore e Clío. Se os números non fallan quedan por se presentar cinco. Eu avisei a Marta. Deberíamos involucrarnos todos e conseguir que "os descolgados" traballen tamén nesta actividade. Esperemos que o fagan nos próximos días.
ResponderEliminarEu xa teño moitas imaxes de Clío, o problema é que non é fácil atopar as referencias desas imaxes. Todos os blogues repiten a mesma información e non se documentan suficientemente. Pero insistiré e na próxima reunión poderíamos mostrar cada un de nós as imaxes que seleccionou, e entre todos elixir a que imos poñer na exposición da SEMANA DE GRECIA. Parécevos ben a idea? Lembrade que a imaxe ha de levar un pé de foto explicativo, de 3 ou 4 liñas, como moito.
A quienes te refires con descolgaos??
ResponderEliminarEu son Erato, a musa da poesía lírica coral e particularmente da poesía amorosa. O mesmo que sucede coa maioría das miñas irmás, o meu rastro pérdese na néboa dos tempos e son xa moi poucos os que se lembran de min. Mais parece que os pregos a miña nai Mnemósine comezan a dar froito. Que non fará unha nai por unha filla!
ResponderEliminarBoas noites!
ResponderEliminarSon Talía,a musa da comedia.
Ben, xa somos seis. Faltan tres. "Os descolgados" son os que non acudiron ás últimas reunións. Fai falla que diga os seus nomes? Pois iso.
ResponderEliminarFalaremos con eles mañá para ver se completamos "o coro das Musas", se non o facemos, o "Musaxeta" pódese enfadar, e mandar a Némesis contra nós. Mais vale que entre todos os convenzamos, non credes?
Ola! Son Urania.
ResponderEliminarOla! Son Polimnia.
ResponderEliminarXa somos oito. Falta EUTERPE. Próximamente estaremos TODAS.
ResponderEliminarQuedamos este martes 13 de abril ás 18.10 para ver as imaxes e elixir as que imos a expor.Canto antes mellor porque non queda xa moito tempo.
Hola soy Euterpe,es decir,Jessica lamentablemente no puedo ir tanto al club de lectura porq tengo clases luego pero tratare de ir si puedo...
ResponderEliminarLembrade que o próximo martes debemos traer ao club unha imaxe da nosa musa. Intentade que teña suficiente calidade porque haberá que imprimila para a exposición.
ResponderEliminar"De Mnemosine e Zeus Olímpico ilustres fillas,
Musas de Pieria,escoitade a miña súplica,
e outorgádeme a felicidades dos benaventurados deuses". Así comeza o himno ás musas de SOLÓN DE ATENAS, poeta e un dos sete sabios da antigüidade. Se queredes saber qué máis lles pide, próximamente no CLUB DAS MUSAS.
Dádesme unha envexa impresionante, na uni non facemos cousas tan divertidas...
ResponderEliminarXa enviei a foto de Melpómene por correo electrónico.
ResponderEliminarRecibida.
ResponderEliminar