Como xa está cerca o remate do curso, creo que vai sendo hora de facer unha reflexión sobre o noso club de lectura.
Empezamos en decembro lendo unha novela sobre piratas
Empezamos en decembro lendo unha novela sobre piratas
- A illa do tesouro de ROBERT LOUIS STEVENSON
- e diversos libros de divulgación sobre piratas reais
Logo pasamos a meternos na pel duns frikis fóbicos en
- Escuela de frikis de GITTY DANESHVARI
A continuación limos as increibles aventuras dunha rapaza de 13 anos no enigmático barco Seahawk en
- As confesións de Carlota Doyle de AVI
Fixemos un cambio e limos un artigo titulado
- Por qué non len os rapaces de hoxe?
E, por último, buscamos información e traballamos sobre As Musas para aportar o noso gran de area á SEMANA CULTURAL do Instituto que este ano trataba sobre GRECIA.
Que vos parece se acabamos o curso lendo entre todos unha narración curta pero "emocionante"? Se estades de acordo, espérovos o vindeiro martes 25 de maio ás 18.10 na nosa "sala de lectura" habitual. Pode que haxa sorpresas....
Nova proposta para o nome do club de lectura:
ResponderEliminar-Partidarios de sables.
-Partidarios da imaxinación.
Gústame máis "partidarios da imaxinación". E se cambiamos "partidarios" por "corsarios"?quedaría "os corsarios da imaxinación".
ResponderEliminarOutro posible nome que se me ocorreu hoxe é "o niño do moucho", que tal soa?
Ánimo! Con tantas ideas seguro que atopamos algún que nos guste a case todos.
Lucía, poderías ir recollendo nunha lista todos estes nomes que se nos ocorren y así o día 25 comentámolos?
Pois a min véñenme á cabeza agora mesmo os seguintes:
ResponderEliminar"O trasno na rede"
"A fiestra baldeira"
"O trasno no labirinto"
Xa que todos estamos a pensar numerosas propostas para o nome do club de lectura eu vou aportar o meu grao de area:
ResponderEliminar"O recuncho da curuxa"*
"O noso Aleph"**
"Contos de xuño e xaneiro"***
Espero que me veñan á cabeza novas ideas pronto!
Ata o de agora os meus nomes preferidos son:
-"O niño do moucho"
-"A fiestra baldeira"
E agora gustaríame explicar o porque dos nomes que propuxen:
*"recuncho" alude a un lugar de reunión cómodo e íntimo (como o propio club) e "curuxa" fai referencia á sabedoria da deusa Atenea.
**Por "Aleph" debemos de entender a historia (ou punto) que abranguería tódalas historias do mundo).
***"xuño" e "xaneiro" farían unha antítesis que demostraría que lemos historias de todo tipo en un momento calquera e nunhas condicións calqueras.
Jo, Nico, gústanme os tres! Dos que propuxo Marta, gústame "o trasno na rede". Resulta que agora sobran nomes, quen o ía dicir! Seguro que foi a primavera que o sangue altera...
ResponderEliminarO mellor nome paréceme o que propuso Nico, "O recuncho da curuxa".
ResponderEliminar