Ben certo é que Polícrates foi o pirata máis antigo de tódolos tempos pero, quen foi a pirata máis antiga de todas? Pois fun eu, Artemisa de Halicarnaso.
Non é moita a xente que me coñece; porén fun moi importante para a historia da humanidade, pero máis vale comezar polo principio.
Puxéronme o meu nome en honor de Artemisa, deusa grega da caza, e convertinme en raíña consorte de Halicarnaso no 500 a.C., estado grego da actual Turquía tras casarme co rei, mais, trala súa morte, fun eu a gobernadora suprema da cidade. Baixo o meu goberno as miñas naves atacaron e saquearon as das outras polis gregas e ademais, covertínme tamén en conselleira de Xerxes, o rei de Persia. Aconselleille que non se enfrontase cos gregos nunha batalla naval, pero, talvez por ser muller, non me fixo caso. Deste xeito, ao redor do 20 de setembro do 480 a.C., librouse a batalla que me faría importante, a batalla naval de Salamina. Vinme atrapada no fragor da loita e arremetín contra un trirreme grego e fuxín. Os gregos gañaron a batalla pero tanto eles como os persas creron que eu estaba da súa parte. Despois diso volvín á pirataría e a recompensa para quen me capturase ascendía a dez mil dracmas, que xa lle eran cartos para aquela época!
Nicolás González (2º ESO A)
Nicolás, paréceme moi interesante que a información do teu libro sexa complementaria á do meu. As historias de mulleres piratas son aínda menos coñecidas que as dos homes.
ResponderEliminarNoraboa pola túa información e quedamos á espera de novas aventuras destas mulleres.
De que tratan os libros de piratas dos demais? Animádevos a contarnos o que ides lendo.
Está claro que as mulleres sempre tivemos moita man esquerda e unha intuición privilexiada, aínda que iso non quita que tamén haxa algún home que se nos achegue nestas calidades...!
ResponderEliminarUnha aportación moi interesante, porque a historia das mulleres ou non está escrita ou só o está en letra pequena.
Páreceme moi interesante toda esta información sobre piratas, aínda que dudaba da remota exsistencia das mulleres piratas.
ResponderEliminarXa estou desexando empezar a comentar sobre o libro que estamos a ler, "Escuela de Frikis".
Paulina, podes empezar a comentalo neste blogue cando queiras. Algúns aínda non empezamos a lelo porque non chegaron os 3 exemplares que faltan. Espero que para a semana que vén xa os teñamos. Gustaríame saber as vosas primeiras impresións para así collelo con máis gusto.
ResponderEliminar