Son Sexto Pompeio, famoso pirata romano de finais da República (s. I a.C.). Paradóxicamente, son fillo dun dos máis importantes xenerais de Roma, Pompeio o Grande, que ademais uns anos antes fora encargado de acabar coa pirataría. Fun dono dos mares e proclameime "fillo de Neptuno", de aí que na moeda apareza o tridente. Asolei as costas romanas durante moito tempo, interrompendo o comercio e desorganizando os negocios da República. Desta maneira obrigueilles a asinar un tratado polo que obtiven a soberanía de Sicilia, Córcega, Cerdeña e Acaia, coa condición de poñer fin ás miñas prácticas de pirataría e fornecer de trigo a Roma. Mais como seguin asaltando barcos e atacando cidades, enviaron contra min ao comandante Agripa (lugartenente de Augusto), que me derrotou na batalla de Nauloco no ano 36 a.C. Fuxin cara a Oriente pero fun capturado en Mileto por un dos secuaces de Marco Antonio.
Proclamo que a miña morte foi un acto indigno pois executáronme sen xuízo, a min, a un cidadán romano. ISO FOI ILEGAL!
A historia sempre se repite: a corruptela do poder non é cousa de onte. E o caso é que nunca aprendemos. Por algo se di que o home é o único animal que tropeza dúas veces na mesma pedra.Será acaso que non lemos suficientes libros de historia? Temos que facer unha xuntanza para falar sobre este asunto!
ResponderEliminarEu coincido coas conclusións de Marta.
ResponderEliminarDesde logo a vida destes piratas antigos é moi interesante, e estou de acordo en que coñecer a vida dos que nos precederon podería axudar a moitos a non cometer os mesmos erros. "Historia magistra vitae".
ResponderEliminarPero gustaríame ler algun comentario do que estades lendo os demais.