21/12/09

ROBERT L. STEVENSON


Robert Louis Stevenson (1850-1894), autor de A illa do tesouro, naceu en Edimburgo (Escocia) en 1850, no seo dunha familia burguesa. O pai era enxeñeiro, e el estudou tamén enxeñaría, ademais de leis. Sendo bastante novo padeceu tuberculose, o que condicionou a súa vida e o levou a realizar moitas viaxes na procura de climas benignos axeitados á súa enfermidade. En 1879 chegou a California onde coñeceu a Frances Osbourne e casaron en 1880.
En 1889 chegou ás illas Samoa nun cruceiro polo Sur do Pacífico e ali permaneceu ata que morreu en 1894. Os nativos de Samoa chamárono "Tusitala" (=o que conta historias).
Deixámosvos varios enlaces a páxinas interesantes sobre este autor:
http://www.robert-louis-stevenson.org/ website sobre o autor (en inglés)
http://www.nls.uk/rlstevenson/ páxina interesante con links e obras (en inglés)
http://www.epdlp.com/escritor.php?id=2334 resumo biográfico con fotos do autor e breves fragmentos seleccionados dalgunhas obras.
http://www.cervantesvirtual.com/servlet/SirveObras/01383897533682512867680/index.htm
páxina onde podemos descargar toda a obra deste autor.

15/12/09

A AVENTURA ESTÁ EN MARCHA


Hoxe tivemos a primeira reunión do club de lectura. Os aventureiros fomos:

Irene Herrero (S2ºA)
Charlene Harriswangler (S2ºA)
Paulina Álvarez (S2ºA)
Nicolás González (S2ºA)
Isaque Rocha Borges (S2ºC)
Alberto Mayo (S2ºC)
Jessica Mengotti (S3ºC)
Marta Pía Lorenzo
Matilde De Cal Cortina

Tras unha breve presentación para coñecernos mellor, decidimos o seguinte:

1.- Reunirnos na biblioteca unha vez ao mes, os martes ao rematar as clases, para falar entre nós do libro que esteamos a ler.

2.-Deixar comentarios neste blogue sobre o libro en cuestión, o autor ou o tema.

3.- Elixir cada un de nós tres libros que queiramos ler para levalos á próxima reunión.

4.- Poñer un nome ao club de lectura.

5.- Ler este mes A illa do tesouro de ROBERT. L. STEVENSON.

PRÓXIMA REUNIÓN O 19 DE XANEIRO ÁS 18.10.

O club de lectura sempre estará aberto á participación de todo o que queira sumarse a el mediante a asistencia ás reunións mensuais ou colaborando a través do blogue por medio de comentarios.

02/12/09

PREPARADOS, LISTOS...XA

-Temos xa data para a primeira reunión?
>>o martes 15 DE DECEMBRO.

-a que hora?
>>ás 18.10, xusto ao saír de clase.

-pero, que se fai nunha primeira reunión dun club de lectura?
>>pois non o sei.

-entón?
>>haberá que asistir e ver o que pasa.