16/03/10

POR QUE NON LEN OS RAPACES DE HOXE?


Hoxe martes 16 volvémonos reunir para comentar o libro que estamos lendo no club de lectura, As confesións de Carlota Doyle. En xeral parece que gusta, así que imos esperar para dar un pouco máis de tempo aos "descolgados" e deixar a Semana Santa para que o acaben e non poñan disculpas.
Mentres, quedamos en ler e comentar un artigo escrito por un rapaz de 1º de Bacharelato doutro centro e que chegou ás nosas mans. O tema, "por que non len os nenos de hoxe?", semella interesante. Collede as fotocopias en reprografía e......A OPINAR! Espero que este blogue sexa nos próximos días un fervedoiro de comentarios.
Por certo, a imaxe do barco foi elixida por dúas razóns. A primeira é que lembrei o barco de Carlota, e a segunda é a proposta de ler para despois de Semana Santa contos curtos relacionados con Grecia, para participar tamén nós, como club de lectura, na SEMANA DE GRECIA.
Pois, vexamos quén é o primeiro que averigua qué conto (ou narración) se agocha detrás desta imaxe.

05/03/10

AS CONFESIÓNS DE CARLOTA DOYLE


O pasado martes 2 de marzo os compoñentes do club "arquivos do trasno" eliximos para ler unha novela de aventuras. A verdade é que despois do libro Escuela de Frikis (menuda pandilla de frikis fóbicos!) facía falta realmente cambiar de tema.
O resumo que aparece na contraportada é o seguinte:

Carlota é unha rapaza de trece anos que emprende unha viaxe desde Liverpool (Inglaterra) ata Providence (Estados Unidos) a bordo do Seahawk, un enigmático barco gobernado polo capitán Jaggery no que moi poucos mariñeiros se queren enrolar. Carlota Doyle nunca poderá prever os terribles sucesos dos que vai ser protagonista e que transformarán por completo a súa vida.

Quen quere ser o primeiro en facer un comentario? Animádevos que dá moito gusto ser o primeiro en algo, e ide pensando un nome para o club. Para animarvos, vouvos propor un: navegantes intrépidos.
Que non vos gusta? Pois propoñede outros, non é tan difícil.
Teremos nome cando acabe o curso? That is the question!