15/03/11

Gústame ler

Mirade este vídeo e xa o comentaremos na próxima reunión.


09/02/11

Érase unha vez un libro

Na próxima reunión podemos comentar esta presentación. DISFRUTÁDEA


26/01/11

SEMANA DA PAZ INTERCULTURAL

Como estes días estamos celebrando no Instituto A SEMANA DA PAZ, e ademais este curso subxace en todas as actividades o tema do PIN "a interculturalidade", elixin para o noso club de lectura este poema de paz marroquí:

Eu son así.
Ofrezo a miña amizade aos mortos
cando todos celebran a vida.
Levo a noite sobre as miñas costas
cando no ceo se estende a alba.
Celebro a neve cando o sol
de agosto ilumina o mundo.
Teño forte a man dos afogados
cando a nada me mergulla.
Fago guerras para volverme un
heroe.
Invento
outras
para ser un mártir!

HASSAN EI-QUAZZANI (Marruecos)

BOTÁDELLE UNHA OLLADA A ESTA PRESENTACIÓN CON MÁIS POEMAS DOUTROS PAÍSES

DIA DE LA PAZ 2011 (biblioiris.blogspot.com)




¿Qué vos parece se votamos o poema que máis nos guste desta presentación e o que gañe sairá na páxina central de arquivos do trasno?

15/01/11

Escuela de Frikis


O venres no 2º recreo tivemos outra reunión do club de lectura. Falamos do libro de GITTY DANESHVARI, Escuela de frikis, que estamos a ler. Trata de catro amigos que teñen diversas fobias e acaban nunha misteriosa escola rexentada por Mrs Wellington e o seu mordomo cego.

Ao longo destes días esperamos os vosos comentarios.