Como estes días estamos celebrando no Instituto A SEMANA DA PAZ, e ademais este curso subxace en todas as actividades o tema do PIN "a interculturalidade", elixin para o noso club de lectura este poema de paz marroquí:
Eu son así.
Ofrezo a miña amizade aos mortos
cando todos celebran a vida.
Levo a noite sobre as miñas costas
cando no ceo se estende a alba.
Celebro a neve cando o sol
de agosto ilumina o mundo.
Teño forte a man dos afogados
cando a nada me mergulla.
Fago guerras para volverme un
heroe.
Invento
outras
para ser un mártir!
Eu son así.
Ofrezo a miña amizade aos mortos
cando todos celebran a vida.
Levo a noite sobre as miñas costas
cando no ceo se estende a alba.
Celebro a neve cando o sol
de agosto ilumina o mundo.
Teño forte a man dos afogados
cando a nada me mergulla.
Fago guerras para volverme un
heroe.
Invento
outras
para ser un mártir!
HASSAN EI-QUAZZANI (Marruecos)
BOTÁDELLE UNHA OLLADA A ESTA PRESENTACIÓN CON MÁIS POEMAS DOUTROS PAÍSES
DIA DE LA PAZ 2011 (biblioiris.blogspot.com)
More PowerPoint presentations from aSGuest83325
¿Qué vos parece se votamos o poema que máis nos guste desta presentación e o que gañe sairá na páxina central de arquivos do trasno?