22/11/09

PRIMEIRA REUNIÓN


-Que pon na faixa do libro?

-As Autoridades advirten de que a Lectura perxudica seriamente o Pensamento Único. FORGES

Sempre costa poñer en marcha un proxecto, e este non ía ser unha excepción. Mais, como dixo o poeta, caminante no hay camino, se hace camino al andar. E iso é o que imos facer, BOTAR A ANDAR.
O primeiro será encher o Instituto de carteis que anuncien o club de lectura: na entrada, nas aulas, no taboleiro da Biblioteca. Despois deixaremos un tempo para que funcione "o boca a boca". E, finalmente, elaboraremos a lista de aqueles que estamos dispostos a comezar esta singradura apaixoante.
¡Ah! Esquecía dicir o mellor de todo: xa temos algúns nenos de 2º de ESO que falaron con nós porque escoitaron campás.
QUE TAL A PRIMEIRA REUNIÓN PARA DECEMBRO?

27/09/09

BENVIDOS A ESTA AVENTURA!


Este curso queremos crear o club de lectura Arquivos do trasno, un lugar de encontro no que poidamos intercambiar opinións, propoñer lecturas ou simplemente falar de libros. Por iso facemos unha chamada a todos os que queirades participar para que vos pasedes pola biblioteca e vos anotedes, porque...

A LECTURA É O XEITO MÁIS FELIZ DE CONVERSAR CON UN MESMO