28/10/10

CUARTO POEMA

Prometimos un poema cada semana e cumprimos. Trátase do poema A Rosalía de CURROS ENRÍQUEZ.

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan soia
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu…
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

E agora, despois de ler o poema podedes premer neste enlace e escoitaredes este mesmo poema cantado. ESPERO QUE VOS GUSTE.

A PROPÓSITO DAS XUNTANZAS

A propósito das xuntanzas de ambos clubs de lectura, direivos que acabo de crear un apartado, na columna da dereita, chamado XUNTANZAS, no que figurarán sempre as datas da próxima reunión. Así non hai "equívocos" por parte de ninguén.
Polo tanto MIRADE NO APARTADO XUNTANZAS e saberedes cándo é a próxima reunión.
Mentres seguimos lendo os libros elixidos e esperamos con ansia esa xuntanza que nos permita cambiar impresións, déixovos con este vídeo que se titula ME GUSTA LEER.