Xa sabedes que andamos buscando un novo nome para este club de lectura de 1º e 2º de ESO, pois o de o trasno na rede quedou para os de 3º e 4º.
Os nomes que baraxamos o curso pasado foron estes:
-o recuncho da curuxa
-o niño do moucho
-contos de xuño e xaneiro
-a fiestra baldeira
-corsarios da imaxinación
-o noso Aleph
Podedes comezar a votar cál vos gusta máis. Deixade o voso voto debaixo desta entrada, en comentarios.
Quedamos o próximo luns 29 de novembro ás 12.10:
1- comentaremos o libro de Emily
2-elixiremos o nome.
22/11/10
16/11/10
EMILY THE STRANGE

O personaxe de Emily the Strange naceu a finais do século pasado como un logotipo comercial. Obra de Rob Reger, a imaxe foi usada para unha liña de roupa e complementos da firma Cosmic Debris. Axiña o personaxe gañou gran carisma e personalidade propia, sendo usado en pegatinas promocionais e camisetas e converténdose en todo un icono cultural californiano. Despois deu o inevitable salto ao mundo do cómic, no que gañou gran forza, e agora estase preparando xa a película, prevista para o 2013.
Esta é a opinión de tres alumnas de 2º de ESO que acaban de ler as súas aventuras.
Emily é unha nena que terá que sobrevivir nun mundo novo para ela. Só usa tres cores: o vermello, o branco e o negro, e sempre vai acompañada polos seus catro gatos negros, Sabbath, Nee-Chee, Miles e Mystery. É inconformista, diferente e independente, e inxéctase doses de perda de memoria (AMNESIA).
O libro de Emily The Strange é un relato cheo de misterio e intriga, no que o propio libro é o diario de Emily, a nosa protagonista-tijereta.
Lucía, Andrea e Daniela de 2º de ESO
Subscrever:
Comentários (Atom)