17/10/10

SIN NOTICIAS DE GURB

Esta divertida novela relata a búsqueda dun extraterrestre, de nome Gurb, que desaparece na cidade de Barcelona. Pero o protagonista da narración non é Gurb, senón outro alieníxena que sae na súa busca, tras se converter no conde-duque de Olivares, e cuxo diario constitue a guía da narración.
Aproveitando as desquiciadas aventuras do noso protagonista, Eduardo Mendoza ataca ácidamente a situación da Barcelona da época inmediatamente anterior aos Xogos Olímpicos de 1992; obras faraónicas, despilfarros, Barna como cidade inhabitable, vividores, espabilados e mangantes, poderes públicos ou poderes privados, ninguén queda sen reseñar e nada queda sen sinalar. Neste caso, os extraterrestres serven para satirizar o momento no que vive o autor.

Eduardo Mendoza, o autor, naceu en Barcelona en 1943. Estudiou a carreira de Dereito, e traballou en Nueva York nove anos como intérprete da ONU. En 1975 publícase a súa primeira novela La verdad sobre el caso Savolta, considerada como a primeira novela da transición democrática pois uns meses despois da súa publicación morre o dictador Francisco Franco. Dentro da obra de Mendoza cabe destacar a saga protagonizada por unha especie de detective, chamado Ceferino, encerrado nun manicomio: El misterio de la cripta embrujada (1979), El laberinto de las aceitunas (1982) e La aventura del tocador de señoras (2001). En 1986 publica a súa novela máis celebrada, La ciudad de los prodigios, ambientada tamén en Barcelona e levada posteriormente ao cine por Mario Camus.
Sin noticias de Gurb apareceu publicada en 1990 no periódico El País por entregas.

1 comentário:

  1. Se lestes esta entrada xa tedes pistas para buscar e encontrar "crítica social" no libro. Atopastes xa algo? Se é así podédelo comentar aqui ou na próxima reunión do mércores 3 de novembro no 2º recreo. Ou preferides o martes 2 de novembro ás 18.10, ao saír de clase e así temos máis tempo para comentar?
    Non esquezades buscar datos sobre ese personaxe do s. XX que saíu a relucir na última reunión.

    ResponderEliminar