
Como xa está cerca o remate do curso, creo que vai sendo hora de facer unha reflexión sobre o noso club de lectura.
Empezamos en decembro lendo unha novela sobre piratas
Empezamos en decembro lendo unha novela sobre piratas
- A illa do tesouro de ROBERT LOUIS STEVENSON
- e diversos libros de divulgación sobre piratas reais
Logo pasamos a meternos na pel duns frikis fóbicos en
- Escuela de frikis de GITTY DANESHVARI
A continuación limos as increibles aventuras dunha rapaza de 13 anos no enigmático barco Seahawk en
- As confesións de Carlota Doyle de AVI
Fixemos un cambio e limos un artigo titulado
- Por qué non len os rapaces de hoxe?
E, por último, buscamos información e traballamos sobre As Musas para aportar o noso gran de area á SEMANA CULTURAL do Instituto que este ano trataba sobre GRECIA.
Que vos parece se acabamos o curso lendo entre todos unha narración curta pero "emocionante"? Se estades de acordo, espérovos o vindeiro martes 25 de maio ás 18.10 na nosa "sala de lectura" habitual. Pode que haxa sorpresas....
