09/05/10

BALANCE


Como xa está cerca o remate do curso, creo que vai sendo hora de facer unha reflexión sobre o noso club de lectura.
Empezamos en decembro lendo unha novela sobre piratas

  • A illa do tesouro de ROBERT LOUIS STEVENSON
  • e diversos libros de divulgación sobre piratas reais

Logo pasamos a meternos na pel duns frikis fóbicos en

  • Escuela de frikis de GITTY DANESHVARI

A continuación limos as increibles aventuras dunha rapaza de 13 anos no enigmático barco Seahawk en

  • As confesións de Carlota Doyle de AVI

Fixemos un cambio e limos un artigo titulado

  • Por qué non len os rapaces de hoxe?

E, por último, buscamos información e traballamos sobre As Musas para aportar o noso gran de area á SEMANA CULTURAL do Instituto que este ano trataba sobre GRECIA.

Que vos parece se acabamos o curso lendo entre todos unha narración curta pero "emocionante"? Se estades de acordo, espérovos o vindeiro martes 25 de maio ás 18.10 na nosa "sala de lectura" habitual. Pode que haxa sorpresas....

6 comentários:

  1. Nova proposta para o nome do club de lectura:
    -Partidarios de sables.
    -Partidarios da imaxinación.

    ResponderEliminar
  2. Gústame máis "partidarios da imaxinación". E se cambiamos "partidarios" por "corsarios"?quedaría "os corsarios da imaxinación".
    Outro posible nome que se me ocorreu hoxe é "o niño do moucho", que tal soa?
    Ánimo! Con tantas ideas seguro que atopamos algún que nos guste a case todos.
    Lucía, poderías ir recollendo nunha lista todos estes nomes que se nos ocorren y así o día 25 comentámolos?

    ResponderEliminar
  3. Pois a min véñenme á cabeza agora mesmo os seguintes:
    "O trasno na rede"
    "A fiestra baldeira"
    "O trasno no labirinto"

    ResponderEliminar
  4. Xa que todos estamos a pensar numerosas propostas para o nome do club de lectura eu vou aportar o meu grao de area:

    "O recuncho da curuxa"*
    "O noso Aleph"**
    "Contos de xuño e xaneiro"***

    Espero que me veñan á cabeza novas ideas pronto!

    Ata o de agora os meus nomes preferidos son:

    -"O niño do moucho"
    -"A fiestra baldeira"

    E agora gustaríame explicar o porque dos nomes que propuxen:

    *"recuncho" alude a un lugar de reunión cómodo e íntimo (como o propio club) e "curuxa" fai referencia á sabedoria da deusa Atenea.

    **Por "Aleph" debemos de entender a historia (ou punto) que abranguería tódalas historias do mundo).

    ***"xuño" e "xaneiro" farían unha antítesis que demostraría que lemos historias de todo tipo en un momento calquera e nunhas condicións calqueras.

    ResponderEliminar
  5. Jo, Nico, gústanme os tres! Dos que propuxo Marta, gústame "o trasno na rede". Resulta que agora sobran nomes, quen o ía dicir! Seguro que foi a primavera que o sangue altera...

    ResponderEliminar
  6. O mellor nome paréceme o que propuso Nico, "O recuncho da curuxa".

    ResponderEliminar