05/03/10

AS CONFESIÓNS DE CARLOTA DOYLE


O pasado martes 2 de marzo os compoñentes do club "arquivos do trasno" eliximos para ler unha novela de aventuras. A verdade é que despois do libro Escuela de Frikis (menuda pandilla de frikis fóbicos!) facía falta realmente cambiar de tema.
O resumo que aparece na contraportada é o seguinte:

Carlota é unha rapaza de trece anos que emprende unha viaxe desde Liverpool (Inglaterra) ata Providence (Estados Unidos) a bordo do Seahawk, un enigmático barco gobernado polo capitán Jaggery no que moi poucos mariñeiros se queren enrolar. Carlota Doyle nunca poderá prever os terribles sucesos dos que vai ser protagonista e que transformarán por completo a súa vida.

Quen quere ser o primeiro en facer un comentario? Animádevos que dá moito gusto ser o primeiro en algo, e ide pensando un nome para o club. Para animarvos, vouvos propor un: navegantes intrépidos.
Que non vos gusta? Pois propoñede outros, non é tan difícil.
Teremos nome cando acabe o curso? That is the question!

22 comentários:

  1. Pois vou ser eu o primeiro en comentar acerca do libro que, certamente, da moito gusto.
    Debo dicir que, tras comezar a ler o libro, paréceme que é un libro que pode gustar, pois, xa só o comezo, dá moito do que pensar, non credes o mesmo? E, a primeira pregunta é: A que se referirá a nosa protagonista co seu prólogo? Espero que o descubramos ao longo do libro!
    Por certo, o nome proposto paréceme unha boa idea mais...a ver que opinades vós.

    ResponderEliminar
  2. O prólogo ou ADVERTENCIA IMPORTANTE coa que comeza o libro e un recurso utilizado frecuentemente polos escritores para xustificar determinados aspectos da súa obra. Neste caso, penso eu, para dar verisimilitude ao feito de que unha nena de trece anos da burguesía viaxe soa dende Inglaterra a EEUU nun barco de homes nunha época na que existía unha marcada diferenza de clases e unhas normas sociais moi ríxidas.

    ResponderEliminar
  3. Fixádevos na época na que está situada a historia, 1ª metade de s. XIX, exactamente no ano 1832. Sabedes por que é importante ese ano en Inglaterra? Non? Pois a ver quen o averigua primeiro.
    Fixádevos tamén na descrición do vestiario de Grummage e de Carlota Doyle así como as normas sociais da época, e observade o contraste entre eles a o mundo que Carlota acaba de descubrir no peirao do porto de Liverpool.
    Que opinades de Grummage? Pensades que o pai de Carlota aprobaría a decisión de Grummage de embarcar a Carlota con tantos sinais que parecen recomendar o contrario?

    ResponderEliminar
  4. Nico,non fai falta qe fagas de critico do libro que nos so imos comentar un pouco o libro como estudiantes normais non como adultos expertos.
    Eu como comprenderedes non empecei a ler o libro pero o que dicides a maioria da xente animame a empezalo.

    ResponderEliminar
  5. Unha cousa que nos ten que quedar clara a todos é que aquí ninguén fai nin ten que facer de nada que non sexa opinar sobre o libro que estamos a ler. Isto quere dicir que se alguén se desvía do tema cara outros derroteiros e se pon a "falar" doutros temas, queda totalmente descalificado ou descalificada.
    O único que temos que facer cada un, ese é o obxectivo deste blog, é comentar o que vai lendo segundo o que lle parece, tratando de manter unha conversa co resto do grupo. O tema é o argumento do libro e o obxectivo ler e comprender o que lemos entre todos. Porque un pode fixarse nun detalle e outro noutro que ao anterior lle puido pasar desapercibido. Deste xeito enriquecemos a lectura cos nosos comentarios e todos nos aproveitamos dos comentarios de todos. E así aprendemos tamén a compartir en lugar de competir.

    ResponderEliminar
  6. Charlene8/3/10 21:11

    A min gústame moito o libro creo q está moito mellor que a escuela de frikis eu leín os primeiros capítulos e por agora o libro vai moi ben. Eu creo q o personaxe de Zacarías e bastante misterioso. Vós q credes???

    ResponderEliminar
  7. Dende logo. E moito máis para Carlota que está soa nun barco mercante,inadecuado para o transporte de pasaxeiros, entre uns mariñeiros con aspecto de delincuentes polos que non é ben recibida.
    Non obstante, Zacarías é o único que parece preocuparse por ela invitándoa a tomar o té, preocupándose de se necesita ir ao baño e pensando na súa seguridade (regálalle unha daga), aínda que isto contribuirá tamén a que Carlota se preocupe máis do que xa estaba. É normal que Carlota desconfíe de todo porque ese non é o seu mundo e non sabe se detrás desa amabilidade se agachan retortas intencións.
    Pero non vos chama a atención que zarpase o barco de porto e o capitán Jaggery non fora visitar a Carlota para ver como se atopaba, sendo como é unha nena?
    Que opinión vos merece esta actitude do capitán? Pode ser isto un indicio das características do personaxe?

    ResponderEliminar
  8. Eu xa empecei a ler o libro:
    Peréceme moi interesante a conversa que escoita Carlota desde o seu camarote entre O Capitán e o señor Keetch (no capítulo dous, páx.31)

    ResponderEliminar
  9. Pois si, é outra referencia importante. Tédea en conta no futuro. Pero Carlota nese momento aínda está moi despistada, aínda non coñece á tripulación e, como fai todo o mundo, tenderá a considerar bos aos que son máis parecidos á súa clase social e malos aos outros.

    ResponderEliminar
  10. Vexo que estades todos moi animados comentando o libro, qué ben! Da gusto con xente coma vós, porque incitades aos que andamos un pouco "cansos" a poñernos as pilas.
    Isto faime pensar en máis nomes para o noso club (non pararei ata que saia o que nos guste a todos). Podería ser "todos a unha", "tertulia entre amigos"
    ¡Irene, ánimo e empeza a ler para que tamén ti nos poidas ofrecer comentarios interesantes sobre o libro! ¡Charlene! Zacarías máis que un tipo misterioso parece algo siniestro, pero intenta avisar a Carlota do perigo que corre e dalle o coitelo para que se poida defender.
    Pois ben, eu xa vou polo capítulo III e quería destacar algo que me chamou a atención no capítulo II. Estoume a referir ao que lle di Zacarías a Carlota sobre un tipo de amigo; el chámao "o amigo final" porque é o encargado de cosar a lona. Un detalle curioso, e moi propio do contexto marino no que se desenvolve esta novela, pero á vez semella algo macabro, como un aviso de perigos inminentes.

    ResponderEliminar
  11. Zacarías, el mesmo o di, é unha especie de comodín: fai de cociñeiro, de cura, de enterrador, de enfermeiro, en suma, todo tipo de traballos que non requiran moita forza, porque xa é vello e enclenque e os outros traballos dun barco requiren axilidade e, en moitos casos, forza. Pero si que intenta poñer a Carlota en garda. O que ocorre é que Carlota non foi educada para confiar nun negro galdrapo que é a última mona no barco.

    ResponderEliminar
  12. Eu xa vou pola segunda parte do libro e xa sei porque Zacarías era tan siniestro ,agora o libro ponse moito mais interesante.

    ResponderEliminar
  13. Charline, se vas tan adiantada xa saberás moitas cousas dos personaxes. Dinos,sen que nos descubras nada da intriga,como lle vai a Carlota? Segue asustada de verse entre mariñeiros esfarrapados ou vai conseguindo adaptarse á vida de abordo?

    ResponderEliminar
  14. É que tiven moitos exames e tiña qe estudar pola noite por iso non puiden empezar pero a ver se o fin de semana empezo.

    ResponderEliminar
  15. Eu só vou decir que Carlota se adapta de unha maneira que eu non esperaba.

    ResponderEliminar
  16. Xa acabei o libro e a verdade é que gustoume moito.Que vos parece o personaxe do capitán?? A min paréceme un pouco bruto e malvado

    ResponderEliminar
  17. Iso é o interesante dun libro, que nos manteña o asombro ata o final. Alégrome que vos guste tanto.
    Pero hai xente que aínda non dixo nada sobre o libro ou tan só interveu unha vez e estamos agardando para disfrutar cos seus comentarios.

    ResponderEliminar
  18. Que alegría! Si, o capitán ruín ruín, un ser malévolo e retorcido.
    E agora que xa remataches e fuches vendo evolucionar a Carlota. Paréceche verosímil que sobrevivise a tantas dificultades ou pensas que na vida real non se podería dar un caso así?

    ResponderEliminar
  19. Eu creo q si se poderia dar o caso dunha nena que cambia para axudar a un amigo e para ser xusta.

    ResponderEliminar
  20. Marta,non tardarei en comentar sobre o libro porque vendo o exito que ten estre todos vós teño ganas de encontrar un oco e pórme ao dia.

    ResponderEliminar
  21. bohh eston te axuda en nadaa!!
    este resumoaparece detras dolibroo!!
    quero mais informacionn !
    eu teño un examen hoxee e non me deu tempo a lelo!!

    ResponderEliminar
  22. É que os comentarios dos libros que lemos son só unha introdución para saber de qué vai, e non pretenden substituir a lectura do libro. Por algo somos un CLUB DE LECTURA. Ti equivocaches o sitio, tiñas que ir ao "rincón do vago".

    ResponderEliminar