16/03/10

POR QUE NON LEN OS RAPACES DE HOXE?


Hoxe martes 16 volvémonos reunir para comentar o libro que estamos lendo no club de lectura, As confesións de Carlota Doyle. En xeral parece que gusta, así que imos esperar para dar un pouco máis de tempo aos "descolgados" e deixar a Semana Santa para que o acaben e non poñan disculpas.
Mentres, quedamos en ler e comentar un artigo escrito por un rapaz de 1º de Bacharelato doutro centro e que chegou ás nosas mans. O tema, "por que non len os nenos de hoxe?", semella interesante. Collede as fotocopias en reprografía e......A OPINAR! Espero que este blogue sexa nos próximos días un fervedoiro de comentarios.
Por certo, a imaxe do barco foi elixida por dúas razóns. A primeira é que lembrei o barco de Carlota, e a segunda é a proposta de ler para despois de Semana Santa contos curtos relacionados con Grecia, para participar tamén nós, como club de lectura, na SEMANA DE GRECIA.
Pois, vexamos quén é o primeiro que averigua qué conto (ou narración) se agocha detrás desta imaxe.

13 comentários:

  1. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderEliminar
  2. Qué pasa na familia do club de lectura? Estades todos abducidos polos alemáns que están estes días de intercambio no noso centro? ou é que ninguén leu o artigo "cómo odiar la lectura"? Se algún de vós aínda non ten a fotocopia, que pase pola biblioteca e darémoslla.
    Está ben, comezaré eu, aínda que neste momento non teño diante o artigo. O autor, un estudante de 1º de bacharelato, bótalle a culpa de que aos alumnos non lles guste ler ás lecturas obrigatorias de algunhas materias. A cousa empeza ben, non si? Estades de acordo con este mozo? Gárdome a miña opinión para despois de ler as vosas.

    ResponderEliminar
  3. Síntoo moito por tardar en comentar.

    Respecto ao artigo "Como odiar la lectura", gustaríame facer dúas cousas, en primeiro lugar, dar a miña opinión sobre o artigo e, despois, dar a miña propia opinión sobre o tema a tratar.

    O artigo, sen dúbida algunha, trata un tema bastante interesante, na miña opinión. Con respecto á primeira aclaración que fai sobre o que faría un alumno ante un libro, debo admitir, por desgraza, que é algo certo, seica un pouquiño esaxerado, pero certo, e con respecto ao tema das lecturas obrigatorias, podería dicir que tamén estou de acordo, pero ata certo punto. É verdade que, en ocasións, as lecturas obrigatorias poden ser algo pesadas, debido a que, talvez, non tratan temas que interesen de verdade ao alumnado, e, como se comenta no artigo, polo tema dos traballos ou dos exames. Mais, aínda tendo en conta todo iso, comprendo á perfección a lectura dos clásicos, que eu, persoalmente, considero indispensábeis.

    Agora ben, con respecto ao tema da lectura, considero que é unha cousa que débese inculcar aos nenos dende que son pequenos, papel no que é moi imporatante a familia, que pode levar a cabo actividades como, por exemplo, lerlles contos. E, con respecto ao tema dos traballos, comprendo que son necesarios, e, persoalmente, non me supoñen moito problema, de feito, preocúpanme máis os exames que tamén se adoitan facer sobre os libros, xa que, non sei, non é o mesmo ler un libro que che gusta por pracer que facelo sabendo que vas ter que examinarte sobre o tema, polo menos a mín pásame iso.

    Estou desexando ver tamén as vosas opinións.

    ResponderEliminar
  4. Por certo, tiven unha idea, para participar nós tamén, como club de lectura, na semana de Grecia, e, para non ter que esperar a despois da Semana Santa na próxima reunión, prefiro contárvola aquí, é a seguinte: Se os alumnos de Matilde, de Cultura Clásica ou Grego non prepararon nada ao respecto, eu creo que, e tendo en conta que somos exactamente nove, cada un de nos podería investigar algo sobre unha das nove musas canónicas (historia, mitos, etc.)e compartila cos demáis. Pero iso xa o deixo á vosa decisión.

    ResponderEliminar
  5. E outra cousa máis, de súpeto, viñéronme unha morea de ideas. Matilde, atopei a partitura da canción de SEIKILOS e, se queres, podo animarme a tocala na Semana de Grecia. Iso tamén o deixo á vosa decisión.

    ResponderEliminar
  6. Nico, mellor imposible. As túas ideas parécenme fabulosas. Estabas realmente inspirado.

    ResponderEliminar
  7. Gustaríame comentar tamén outro detalle sobre o artigo, do que non falei con anterioridade, e, para iso, cito textualmente:

    " [...] la única actividad para fomentar la lectura es leer un libro por evaluación."

    Sinceramente, creo que téntanse facer moitas máis cousas por fomentar a lectura entre a mocidade, pero, máis ben creo que é o alumnado o que as rexeita e, polo tanto, desanima a seguir facéndoas de cara ao futuro. Dende as bibliotecas escolares mediante clubs de lectura, concursos de narracións e poesía, etc., e, grazas á maioria do profesorado, tamén nas aulas onde se fan lecturas de textos, comentarios interesantes sobre moitos libros e mesmo recomendacións de novelas e poesías sen a obrigatoriedade de lelas.

    E son estas iniciativas as que realmente funcionan co alumnado e as que fomentan a lectura , polo que deberían incrementarse, e non suprimir as lecturas obrigatorias e os traballos sobre elas.

    E, para finalizar o meu comentario, vou pór un exemplo de que destes xeitos se pode lograr que alumnado lea. O curso pasado, no instituto no que traballa o meu pai, na biblioteca, decidiron facer unha xornada especial polo Día de San Valentín, polo que, a cada alumno que collera un libro dito día se lle agasallaría cunha piruleta con forma de corazón. Nese día, emprestaron máis libros que en todo o trimestre anterior, e, a maioría de alumnos leron os libros.

    ResponderEliminar
  8. Anónimo2/4/10 22:33

    Non me digades que tendes Semana de Grecia... Eu apúntome!

    Que hai que ler?

    ResponderEliminar
  9. A Semana de Grecia é unha semana cultural que imos facer do 26 ao 30 de abril no Instituto, organizada desde a biblioteca e coa participación dos departamentos didácticos. Durante eses días haberá un montón de actividades, como contacontos mitolóxicos na biblioteca a cargo dos alumnos de Cultura Clásica, lecturas de textos literarios, filosóficos ou matemáticos no patio central a cargo dos alumnos de Bacharelato; ademais haberá exposición de arte grego, moedas e distintos traballos feitos polos alumnos en diferentes materias. Todo sobre Grecia. Creo que tamén teremos a representación da obra de teatro Medea, e, ao mellor, unha charla dunha profe grega nativa sobre o seu país.
    Quedas invitada a participar ou, polo menos, a visitarnos.

    ResponderEliminar
  10. Anónimo6/4/10 12:25

    Pois o vintenove é probable que poida ir, á mañá. Se queredes que prepare algo ou leve material ou cousas así eu encantada.

    ResponderEliminar
  11. Matilde,unha preguntiña,onde hai qe poñer o das musas?

    ResponderEliminar
  12. ola!!!son Urania

    ResponderEliminar
  13. ola, son Polimnia...

    ResponderEliminar