16/06/10

CAMBIO DE DATA

Aviso para todos os trasnos na rede, hai cambio de data para a próxima reunión, xa que o martes 22 pola tarde non hai clase. A nova data é
o luns 21 de xuño no 1º recreo na biblioteca. Non faltedes, sería bo que estivésemos todos e así despedimos o club ata o curso que vén. E qué mellor despedida que un bo libro? Ese libro que poidamos levar con nós a todas partes, á praia, ao campo, á terraza e disfrutalo mentres aproveitamos a luz do verán e o sol nos quenta a pel. Ide mirando na biblioteca os exemplares que hai para que non haxa problemas.
Ata entón, déixovos con esta reflexión:
O que necesitamos son lugares, por exemplo unha mesa e unhas sillas ao redor onde poidamos volver a aprender a ler, a ler xuntos [GEORGE STEINER]
Podería ser este o noso obxectivo para o próximo curso? SENTIRNOS A GUSTO LENDO XUNTOS AO REDOR DUNHA MESA.

Sem comentários:

Enviar um comentário