05/06/10

PARA QUE SERVE A BIBLIOTECA DO INSTITUTO?

A raíz do vídeo que acabamos de publicar na páxina principal sobre a utilidade dunha biblioteca, ocórresenos plantexarvos a todos os membros do club de lectura esta pregunta: "Para qué vos serve a vós a Biblioteca do Instituto?".

ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS dos que seguro que sacaremos moitas conclusións.

2 comentários:

  1. Cantas cousas véñenme agora mesmo á cabeza sobre este tema! Pero, o mellor será comezar polo principio:

    Para mín, a biblio é algo máis que un simple lugar onde encontrar tódalas lecturas que me gustan ou necesito; é...non sei como explicalo ben, é un lugar onde me podo alonxar do bulicio do resto do instituto, un lugar onde non existe o griterío nin se fala da vanalidades e, sen lugar a dúbidas, é o lugar do instituto co que máis me identifico.

    ResponderEliminar
  2. Qué bonito o que dis, Nico! Nun mundo como o actual, tan cheo de "bulicio e vanalidades" (non hai máis que ver a tele),atopar un lugar onde refuxiarnos é marabilloso. Pero, non cres que a biblioteca debería ser tamén un sitio onde os alumnos traballasen cos seus profesores a búsqueda de documentación? Claro que habería que ter uns bos ordenadores, entre outras cousas. Nese obxectivo estamos a traballar.
    Que pasa? Non opinades nada os demais? ESTARÍA BEN SABER A OPINIÓN DE TODOS.

    ResponderEliminar