21/06/10

LIBROS PARA O VERÁN




Hoxe na reunión que tivemos decidimos que este verán todos os membros do club de lectura leremos estes tres libros:
1- Marina de CARLOS RUIZ ZAFÓN
2- Ghost girl de TONYA HURLEY, ed. Alfaguara
3- La Odisea de HOMERO (versión xuvenil)
A votación estivo reñida pero ao final sairon tres libros moi diferentes que seguro nos van ter entretidos este verán.
Se queredes saber máis sobre eles, premede AQUI e AQUI e AQUI
Lembrade que se alguén non consegue un destes libros, ten que pedilo a través deste blogue.

16/06/10

CAMBIO DE DATA

Aviso para todos os trasnos na rede, hai cambio de data para a próxima reunión, xa que o martes 22 pola tarde non hai clase. A nova data é
o luns 21 de xuño no 1º recreo na biblioteca. Non faltedes, sería bo que estivésemos todos e así despedimos o club ata o curso que vén. E qué mellor despedida que un bo libro? Ese libro que poidamos levar con nós a todas partes, á praia, ao campo, á terraza e disfrutalo mentres aproveitamos a luz do verán e o sol nos quenta a pel. Ide mirando na biblioteca os exemplares que hai para que non haxa problemas.
Ata entón, déixovos con esta reflexión:
O que necesitamos son lugares, por exemplo unha mesa e unhas sillas ao redor onde poidamos volver a aprender a ler, a ler xuntos [GEORGE STEINER]
Podería ser este o noso obxectivo para o próximo curso? SENTIRNOS A GUSTO LENDO XUNTOS AO REDOR DUNHA MESA.

05/06/10

PARA QUE SERVE A BIBLIOTECA DO INSTITUTO?

A raíz do vídeo que acabamos de publicar na páxina principal sobre a utilidade dunha biblioteca, ocórresenos plantexarvos a todos os membros do club de lectura esta pregunta: "Para qué vos serve a vós a Biblioteca do Instituto?".

ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS dos que seguro que sacaremos moitas conclusións.