29/05/10

Próxima reunión

Cabalo de Troia actual (TROIA)
Para a próxima reunión do 23 de xuño debemos ir pensando qué libro queremos ler en veran todos xuntos para logo comentalo á volta de vacacións. Lémbrovos que no primeiro trimestre fixemos unha lista con estas lecturas:
  • La isla perdida
  • La emperatriz de los etéreos
  • No pidas sardina fuera de temporada
  • Cartas de inverno
  • La canción de Hannah
  • O único que queda é o amor
  • Dos arquivos do trasno
  • La vida es sueño
  • Xenaro e o misterio da mochila verde
  • Canciones para Paula
  • Marina
  • Las luces de septiembre
  • El señor de los ladrones
  • La evolución de Calpurnia Tate
  • O pintor do sombreiro de malvas
Eu engadiría agora A ODISEA, non só por ser un libro de aventuras que seguro que vos vai gustar, senón como colofón a todo o que escoitamos sobre Grecia na Semana Cultural deste ano.

7 comentários:

  1. Paulina ;)29/5/10 17:54

    A min gustaríame ler un libro que non está nesta listaxe: Canciones para Paula.
    Que libro vos gusta máis?

    ResponderEliminar
  2. Pois engadímolo agora mesmo. Grazas, Paulina

    ResponderEliminar
  3. Charlene1/6/10 14:24

    Eu quería recomendar Las luces de septiembre de Carlos Ruiz Zafón y El señor de los Ladrones de Cornelia Funke. Os dous son libros que lin de pequena e me encantaron. Non importaríame lelos outra vez.

    ResponderEliminar
  4. Eu, pola miña parte, xa lin ámbolos dous libros que propón Charlene mais, xa que saca á luz o tema das novelas de Carlos Ruiz Zafón, eu lin os catro libros deste autor que non son para adultos ("El principe de la niebla", "El palacio de la medianoche", "Luces de Septiembre" y "Marina"), e gustaríame propoñer "Marina" como outra opción para o club, ademais de comentar que continuo pensando que "Dos arquivos do trasno" é tamén unha boa alternativa xa que ten moito que ver coa nosa biblioteca e tamén co noso club, xa que ata o nome está moi relacionado con el.

    ResponderEliminar
  5. Estou realmente encantada porque facedes unhas propostas moi interesantes.
    Eu tamén quixera propor
    outras dúas:
    La evolución de Calpurnia Tate e
    O pintor do sombreiro de malvas.
    Tanto un como outro penso que vos poden gustar.

    ResponderEliminar
  6. Como vedes eu engado todo o que me digades, pero creo que non é cousa de seguir facendo unha lista interminable, senón de escoller un, dous ou máis libros para ler todos este verano, tendo en conta que temos que ter exemplares para todos. Claro que os podemos buscar en outras bibliotecas ou en "libros a eito". Eu proporía pensalo ben e mirar entre todos cántos exemplares temos do libro que máis nos gustaría ler. Con esta información poderemos elixir con criterio na reunión do día 23.
    Nico, creo que o nome xa non ten posibilidade de cambio. Xa nos decidimos e xa o difundimos ¿non estás de acordo?

    ResponderEliminar
  7. Como se nota que lin o teu comentario algo distraída, Nico. Xa me parecía raro que alguén quixese seguir dándolle voltas ao nome ¡co que nos costou decidirnos!
    Ide mirando pola biblio a ver cántos exemplares podemos ter dos libros que vos gustan e, se non hai ningún, aínda estamos a tempo de compralos.

    ResponderEliminar