26/05/10

O TRASNO NA REDE

Atopar un nome para o noso club de lectura costou case tanto como un parto. Comezamos timidamente, eu diría que mesmo houbo que facer algo de presión (en forma de indirectas), pero finalmente a cousa acabou -quen o ía dicir!- en indecisión ante tantas propostas. Varios foron os nomes que saíron a relucir na reunión de onte:
-o recuncho da curuxa
-o niño do moucho
-contos de xuño e xaneiro
-a fiestra baldeira
-o trasno na rede
-corsarios da imaxinación
-o noso Aleph
A votación foi reñida. Mais o que importa é que por fin temos nome. O gañador foi O TRASNO NA REDE, así que de agora en diante somos o club de lectura o trasno na rede . Que tal se nestes días pensamos nun debuxo ou anagrama que acompañe a este nome e que nos identifique?
NORABOA A TODOS. SODES UNS TRASNOS EXCEPCIONAIS!
¡Ah! esquecía dicir que quedades citados para a última reunión do curso que será o vindeiro mércores 23 de xuño, xusto despois da entrega das notas.

Sem comentários:

Enviar um comentário