29/05/10

Próxima reunión

Cabalo de Troia actual (TROIA)
Para a próxima reunión do 23 de xuño debemos ir pensando qué libro queremos ler en veran todos xuntos para logo comentalo á volta de vacacións. Lémbrovos que no primeiro trimestre fixemos unha lista con estas lecturas:
  • La isla perdida
  • La emperatriz de los etéreos
  • No pidas sardina fuera de temporada
  • Cartas de inverno
  • La canción de Hannah
  • O único que queda é o amor
  • Dos arquivos do trasno
  • La vida es sueño
  • Xenaro e o misterio da mochila verde
  • Canciones para Paula
  • Marina
  • Las luces de septiembre
  • El señor de los ladrones
  • La evolución de Calpurnia Tate
  • O pintor do sombreiro de malvas
Eu engadiría agora A ODISEA, non só por ser un libro de aventuras que seguro que vos vai gustar, senón como colofón a todo o que escoitamos sobre Grecia na Semana Cultural deste ano.

26/05/10

O TRASNO NA REDE

Atopar un nome para o noso club de lectura costou case tanto como un parto. Comezamos timidamente, eu diría que mesmo houbo que facer algo de presión (en forma de indirectas), pero finalmente a cousa acabou -quen o ía dicir!- en indecisión ante tantas propostas. Varios foron os nomes que saíron a relucir na reunión de onte:
-o recuncho da curuxa
-o niño do moucho
-contos de xuño e xaneiro
-a fiestra baldeira
-o trasno na rede
-corsarios da imaxinación
-o noso Aleph
A votación foi reñida. Mais o que importa é que por fin temos nome. O gañador foi O TRASNO NA REDE, así que de agora en diante somos o club de lectura o trasno na rede . Que tal se nestes días pensamos nun debuxo ou anagrama que acompañe a este nome e que nos identifique?
NORABOA A TODOS. SODES UNS TRASNOS EXCEPCIONAIS!
¡Ah! esquecía dicir que quedades citados para a última reunión do curso que será o vindeiro mércores 23 de xuño, xusto despois da entrega das notas.

09/05/10

BALANCE


Como xa está cerca o remate do curso, creo que vai sendo hora de facer unha reflexión sobre o noso club de lectura.
Empezamos en decembro lendo unha novela sobre piratas

  • A illa do tesouro de ROBERT LOUIS STEVENSON
  • e diversos libros de divulgación sobre piratas reais

Logo pasamos a meternos na pel duns frikis fóbicos en

  • Escuela de frikis de GITTY DANESHVARI

A continuación limos as increibles aventuras dunha rapaza de 13 anos no enigmático barco Seahawk en

  • As confesións de Carlota Doyle de AVI

Fixemos un cambio e limos un artigo titulado

  • Por qué non len os rapaces de hoxe?

E, por último, buscamos información e traballamos sobre As Musas para aportar o noso gran de area á SEMANA CULTURAL do Instituto que este ano trataba sobre GRECIA.

Que vos parece se acabamos o curso lendo entre todos unha narración curta pero "emocionante"? Se estades de acordo, espérovos o vindeiro martes 25 de maio ás 18.10 na nosa "sala de lectura" habitual. Pode que haxa sorpresas....