15/03/11

Gústame ler

Mirade este vídeo e xa o comentaremos na próxima reunión.


09/02/11

Érase unha vez un libro

Na próxima reunión podemos comentar esta presentación. DISFRUTÁDEA


26/01/11

SEMANA DA PAZ INTERCULTURAL

Como estes días estamos celebrando no Instituto A SEMANA DA PAZ, e ademais este curso subxace en todas as actividades o tema do PIN "a interculturalidade", elixin para o noso club de lectura este poema de paz marroquí:

Eu son así.
Ofrezo a miña amizade aos mortos
cando todos celebran a vida.
Levo a noite sobre as miñas costas
cando no ceo se estende a alba.
Celebro a neve cando o sol
de agosto ilumina o mundo.
Teño forte a man dos afogados
cando a nada me mergulla.
Fago guerras para volverme un
heroe.
Invento
outras
para ser un mártir!

HASSAN EI-QUAZZANI (Marruecos)

BOTÁDELLE UNHA OLLADA A ESTA PRESENTACIÓN CON MÁIS POEMAS DOUTROS PAÍSES

DIA DE LA PAZ 2011 (biblioiris.blogspot.com)




¿Qué vos parece se votamos o poema que máis nos guste desta presentación e o que gañe sairá na páxina central de arquivos do trasno?

15/01/11

Escuela de Frikis


O venres no 2º recreo tivemos outra reunión do club de lectura. Falamos do libro de GITTY DANESHVARI, Escuela de frikis, que estamos a ler. Trata de catro amigos que teñen diversas fobias e acaban nunha misteriosa escola rexentada por Mrs Wellington e o seu mordomo cego.

Ao longo destes días esperamos os vosos comentarios.

11/12/10

SEXTO POEMA

Tus manos son mi caricia
mis acordes cotidianos
te quiero porque tus manos
trabajan por la justicia

si te quiero es porque sos
mi amor mi cómplice y todo
y en la calle codo a codo
somos mucho más que dos

tus ojos son mi conjuro
contra la mala jornada
te quiero por tu mirada
que mira y siembra futuro

tu boca que es tuya y mía
tu boca no se equivoca
te quiero porque tu boca
sabe gritar rebeldía

si te quiero es porque sos
mi amor mi cómplice y todo
y en la calle codo a codo
somos mucho más que dos

y por tu rostro sincero
y tu paso vagabundo
y tu llanto por el mundo
porque sos pueblo te quiero

y porque amor no es aureola
ni cándida moraleja
y porque somos pareja
que sabe que no está sola

te quiero en mi paraíso
es decir que en mi país
la gente viva feliz
aunque no tenga permiso

si te quiero es porque sos
mi amor mi cómplice y todo
y en la calle codo a codo
somos mucho más que dos


Te Quiero de MARIO BENEDETTI

Se queredes escoitalo con música, premede en Te Quiero

22/11/10

NOME PARA O CLUB

Xa sabedes que andamos buscando un novo nome para este club de lectura de 1º e 2º de ESO, pois o de o trasno na rede quedou para os de 3º e 4º.
Os nomes que baraxamos o curso pasado foron estes:

-o recuncho da curuxa
-o niño do moucho
-contos de xuño e xaneiro
-a fiestra baldeira
-corsarios da imaxinación
-o noso Aleph


Podedes comezar a votar cál vos gusta máis. Deixade o voso voto debaixo desta entrada, en comentarios.
Quedamos o próximo luns 29 de novembro ás 12.10:
1- comentaremos o libro de Emily
2-elixiremos o nome.

16/11/10

EMILY THE STRANGE



O personaxe de Emily the Strange naceu a finais do século pasado como un logotipo comercial. Obra de Rob Reger, a imaxe foi usada para unha liña de roupa e complementos da firma Cosmic Debris. Axiña o personaxe gañou gran carisma e personalidade propia, sendo usado en pegatinas promocionais e camisetas e converténdose en todo un icono cultural californiano. Despois deu o inevitable salto ao mundo do cómic, no que gañou gran forza, e agora estase preparando xa a película, prevista para o 2013.

Esta é a opinión de tres alumnas de 2º de ESO que acaban de ler as súas aventuras.

Emily é unha nena que terá que sobrevivir nun mundo novo para ela. Só usa tres cores: o vermello, o branco e o negro, e sempre vai acompañada polos seus catro gatos negros, Sabbath, Nee-Chee, Miles e Mystery. É inconformista, diferente e independente, e inxéctase doses de perda de memoria (AMNESIA).
O libro de Emily The Strange é un relato cheo de misterio e intriga, no que o propio libro é o diario de Emily, a nosa protagonista-tijereta.

Lucía, Andrea e Daniela de 2º de ESO

07/11/10

QUINTO POEMA

Pedíades un poema de ROSALÍA e aqui volo deixo. Espero que vos guste. Se queredes escoitalo musicado por Carlos Núñez, premede AQUI.

ALBORADA



Vaite, noi-
te,—vai fuxin-
do.—Vente auro-
ra,—vente abrin-
do,—co teu ros-
tro,—que, sorrin-
do,—¡¡¡a sombra espanta!!!

¡Canta,
paxariño, can-
ta—de ponliña en pon-
la,—que o sol se levan-
ta—polo monte ver-
de,—polo verde mon-
te,—alegrando as her-
bas,—alegrando as fon-
tes!...

¡Canta, paxariño alegre,
canta!
¡Canta porque o millo medre,
canta!
Canta porque a luz te escoite,
canta!
Canta que fuxeu a noite.

Noite escura
logo ven
e moito dura
co seu manto
de tristura.
Con meigallos
e temores,
agoreira
de dolores,
agarimo
de pesares,
cubridora
en todo mal.
¡Sal...!

Que a auroriña
o ceu colora
cuns arbores
que namora,
cun sembrante
de ouro e prata
teñidiño
de escalrata.
Cuns vestidos
de diamante
que lle borda
o sol amante
antre as ondas
de cristal.

¡Sal...!
señora en todo mal,
que o sol
xa brila
nas cunchiñas do areal;
que a luz
do día
viste a terra de alegría;
que o sol
derrete con amor a escarcha fría.

28/10/10

CUARTO POEMA

Prometimos un poema cada semana e cumprimos. Trátase do poema A Rosalía de CURROS ENRÍQUEZ.

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan soia
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu…
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

E agora, despois de ler o poema podedes premer neste enlace e escoitaredes este mesmo poema cantado. ESPERO QUE VOS GUSTE.

A PROPÓSITO DAS XUNTANZAS

A propósito das xuntanzas de ambos clubs de lectura, direivos que acabo de crear un apartado, na columna da dereita, chamado XUNTANZAS, no que figurarán sempre as datas da próxima reunión. Así non hai "equívocos" por parte de ninguén.
Polo tanto MIRADE NO APARTADO XUNTANZAS e saberedes cándo é a próxima reunión.
Mentres seguimos lendo os libros elixidos e esperamos con ansia esa xuntanza que nos permita cambiar impresións, déixovos con este vídeo que se titula ME GUSTA LEER.


17/10/10

SIN NOTICIAS DE GURB

Esta divertida novela relata a búsqueda dun extraterrestre, de nome Gurb, que desaparece na cidade de Barcelona. Pero o protagonista da narración non é Gurb, senón outro alieníxena que sae na súa busca, tras se converter no conde-duque de Olivares, e cuxo diario constitue a guía da narración.
Aproveitando as desquiciadas aventuras do noso protagonista, Eduardo Mendoza ataca ácidamente a situación da Barcelona da época inmediatamente anterior aos Xogos Olímpicos de 1992; obras faraónicas, despilfarros, Barna como cidade inhabitable, vividores, espabilados e mangantes, poderes públicos ou poderes privados, ninguén queda sen reseñar e nada queda sen sinalar. Neste caso, os extraterrestres serven para satirizar o momento no que vive o autor.

Eduardo Mendoza, o autor, naceu en Barcelona en 1943. Estudiou a carreira de Dereito, e traballou en Nueva York nove anos como intérprete da ONU. En 1975 publícase a súa primeira novela La verdad sobre el caso Savolta, considerada como a primeira novela da transición democrática pois uns meses despois da súa publicación morre o dictador Francisco Franco. Dentro da obra de Mendoza cabe destacar a saga protagonizada por unha especie de detective, chamado Ceferino, encerrado nun manicomio: El misterio de la cripta embrujada (1979), El laberinto de las aceitunas (1982) e La aventura del tocador de señoras (2001). En 1986 publica a súa novela máis celebrada, La ciudad de los prodigios, ambientada tamén en Barcelona e levada posteriormente ao cine por Mario Camus.
Sin noticias de Gurb apareceu publicada en 1990 no periódico El País por entregas.

15/10/10

CANDO E QUE LEMOS?

Como alguns de vós preguntastes estes días, creo necesario lembrar que as próximas reunións dos clubs de lectura serán:
  • luns 25 de outubro 2º recreo >>>club de lectura de 1º ciclo de ESO. Libro que estamos a ler: Emily the Strange
Xa chegaron á biblioteca os exemplares que encargamos estes días, así que xa podedes pasar pola biblioteca para facer o préstamo.

  • mércores 20 de outubro 2º recreo>>>club de lectura de 2º ciclo da ESO. Libro que estamos a ler Sin noticias de Gurb de EDUARDO MENDOZA.

Resulta que uns días despois de elixir este libro lle concederon o premio Planeta a este escritor pola súa obra Riña de gatos. Na páxina central de arquivos do trasno tedes unha entrada sobre o escritor premiado.

TERCEIRO POEMA

Esta vez é Israel, alumno de 4º de ESO, quen nos deixa este fermosísimo poema de amor. Da gusto ver que segue a gustar entre a xente nova!.

Puedo escribir los versos más tristes esta noche.

Escribir, por ejemplo: "La noche está estrellada,
y tiritan, azules, los astros, a lo lejos".

El viento de la noche gira en el cielo y canta.

Puedo escribir los versos más tristes esta noche.
Yo la quise, y a veces ella también me quiso.

En las noches como ésta la tuve entre mis brazos.
La besé tantas veces bajo el cielo infinito.

Ella me quiso, a veces yo también la quería.
Cómo no haber amado sus grandes ojos fijos.

Puedo escribir los versos más tristes esta noche.
Pensar que no la tengo. Sentir que la he perdido.

Oír la noche inmensa, más inmensa sin ella.
Y el verso cae al alma como al pasto el rocío.

Qué importa que mi amor no pudiera guardarla.
La noche está estrellada y ella no está conmigo.

Eso es todo. A lo lejor alguien canta. A lo lejos.
Mi alma no se contenta con haberla perdido.

Como para acercarla mi mirada la busca.
Mi corazón la busca, y ella no está conmigo.

La misma noche que hace blanquear los mismos árboles.
Nosotros, los de entonces, ya no somos los mismos.

Ya no la quiero, es cierto, pero cuánto la quise.
Mi voz buscaba el viento para tocar su oído.

De otro. Será de otro. Como antes de mis besos.
Su voz, su cuerpo claro. Sus ojos infinitos.

Ya no la quiero, es cierto, pero tal vez la quiero.
Es tan corto el amor, y tan largo el olvido.

Porque en noches como ésta la tuve entre mis brazos,
mi alma no se contenta con haberla perdido.

Aunque éste sea el último dolor que ella me causa,
y éstos sean los últimos versos que yo le escribo.

Veinte poemas de amor y una canción desesperada- PABLO NERUDA

10/10/10

O POEMA DA SEMANA

Nicolás mandou para o club de lectura este poema de E. Pardo Bazán titulado La inspiración e dinos que foi escrito entre os anos 1865 e 1875.
Nicolás xustifica a elección do poema con estas palabras:
"este poema expresa precisamente o nacemento das palabras ás que o poeta dota de forma para compoñer os máis belos versos."


¿Do estás, chispa sagrada,
fuerza generadora de lo bello,
que mi alma enervada
no vienes a agitar? ¿Do yace oculta
la trípode del templo?
¿Do vivirá insepulta
la pureza latina y gracia griega
y el numen delirante
de Saffo, de Simónides y Homero,
que sólo prosa y aridez contemplo,
y del carro triunfante
de la industria y progreso devorante
el seco polvo mis pupilas ciega?
¿Qué regiones alegra el claro río
en que saciar mi corazón ansio?
¿Es acaso en el rico coliseo,
de luces chispeantes,
de atmósfera pesada, embriagadora,
donde agitarse veo
blancos senos, cuajados de diamantes
como de estrellas la naciente aurora?
¿Es quizá en el paseo,
donde en muelle carroza reclinada
pasea su indolencia
tanta nula existencia
en espléndido arreo sepultada?
¿O en dorados salones,
cuando al compás de orquesta
/deliciosa,
del wals entre las mil oscilaciones,
sobre la blanda alfombra
se pierden las parejas a lo lejos
y copian los espejos
el pie gentil y la cintura airosa?
¡Jamás do languidece la pereza
y el hastío bosteza
tiende la inspiración su raudo vuelo;
que no en el erial, ni en el pantano
crece el lirio lozano
cuyo dulce perfume sube al cielo!
Majestuosos montes
poblados de castaños y de encinas,
lejanos horizontes
que disfumáis las áridas colinas;
cantábricas riberas
que besa gemidor el Océano,
cuyas marinas brisas
orean las poéticas laderas,
do más que en todo el bello suelo
/hispano
mostró Naturaleza sus sonrisas;
vosotras, fuente inagotable y pura
fuerais de inspiración al pecho mío,
mientras que aquí se agota mi fe, y
el arpa rota arrojo con cansancio y
amargura, yerto ya el corazón por el
hastío. En vano quiero concentrar
mi vida que se disipa como aroma al
viento, me faltan la energía y el
aliento, y si con la malsana
calentura del placer caprichoso y
turbulento galvanizó mi musa
decaída, y me invade de nuevo,
lacio y frío, un mortal desaliento. Es
que yace extinguida la creadora
hoguera, es que me faltan vivos
manantiales donde apagar la sed de
lo sublime, y aquí entre el oropel la
musa gime que canta en las bellezas
naturales.
Emilia Pardo Bazán, La inspiración (fragmento)

29/09/10

O POEMA DA SEMANA

Este curso imos inaugurar unha nova sección titulada O POEMA DA SEMANA. O título non é que sexa moi orixinal, ao mellor a alguén se lle ocorre outro mellor.
Trátase de que cada semana un de nós mande a este blogue un poema para compartilo cos demais. Ao final podemos votar e elixir o que nos guste máis a todos.
Comezarei eu por un que explica precisamente as razóns de que exista a poesía

No digáis que, agotado su tesoro,
de asuntos falta, enmudeció la lira;
podrá no haber poetas; pero siempre
habrá poesía.

Mientras las ondas de la luz al beso
palpiten encendidas,
mientras el sol las desgarradas nubes
de fuego y oro vista,
mientras el aire en su regazo lleve
perfumes y armonías,
mientras haya en el mundo primavera,
¡habrá poesía!

Mientras la ciencia a descubrir no alcance
las fuentes de la vida,
y en el mar o en el cielo haya un abismo
que al cálculo resista,
mientras la humanidad siempre avanzando
no sepa a dó camina,
mientras haya un misterio para el hombre,
¡habrá poesía!

Mientras se sienta que se ríe el alma,
sin que los labios rían;
mientras se llore, sin que el llanto acuda
a nublar la pupila;
mientras el corazón y la cabeza
batallando prosigan,
mientras haya esperanzas y recuerdos,
¡habrá poesía!

Mientras haya unos ojos que reflejen
los ojos que los miran,
mientras responda el labio suspirando
al labio que suspira,
mientras sentirse puedan en un beso
dos almas confundidas,
mientras exista una mujer hermosa,
¡habrá poesía!

Gustavo Adolfo Bécquer, Rima IV

28/09/10

PARTES DO LIBRO

Que mellor para comezar as entradas e os comentarios neste blogue que facelo falando dos libros! En concreto das partes que compoñen un libro. Mirade a presentación e xa falaremos dela na 1ª reunión.





Por certo, qué vos parece que nos xuntemos o próximo luns no 2º recreo para ver cántos somos e fixar a data e a hora das reunións?
Terá que haber unha para 1º e 2º e outra para 3º e 4º.
VÉMONOS POIS O LUNS!

20/09/10

BENVIDOS DE NOVO

Que tal o veran? Pasástelo ben? Desde logo non podemos queixarnos do tempo, houbo días de praia "a rabiar".

Pois ben, agora xa é tempo de volver a clase e organizar de novo as reunións do noso club de lectura. Este curso queremos que teña dúas seccións: unha para o primeiro ciclo da ESO, e outra para o segundo ciclo. Que vos parece?

Podédevos anotar nunha folla que poñeremos para ese fin no taboleiro da entrada da biblioteca, ou a través dun comentario neste blogue.

BENVIDOS DE NOVO E...COMEZAMOS!

21/06/10

LIBROS PARA O VERÁN




Hoxe na reunión que tivemos decidimos que este verán todos os membros do club de lectura leremos estes tres libros:
1- Marina de CARLOS RUIZ ZAFÓN
2- Ghost girl de TONYA HURLEY, ed. Alfaguara
3- La Odisea de HOMERO (versión xuvenil)
A votación estivo reñida pero ao final sairon tres libros moi diferentes que seguro nos van ter entretidos este verán.
Se queredes saber máis sobre eles, premede AQUI e AQUI e AQUI
Lembrade que se alguén non consegue un destes libros, ten que pedilo a través deste blogue.

16/06/10

CAMBIO DE DATA

Aviso para todos os trasnos na rede, hai cambio de data para a próxima reunión, xa que o martes 22 pola tarde non hai clase. A nova data é
o luns 21 de xuño no 1º recreo na biblioteca. Non faltedes, sería bo que estivésemos todos e así despedimos o club ata o curso que vén. E qué mellor despedida que un bo libro? Ese libro que poidamos levar con nós a todas partes, á praia, ao campo, á terraza e disfrutalo mentres aproveitamos a luz do verán e o sol nos quenta a pel. Ide mirando na biblioteca os exemplares que hai para que non haxa problemas.
Ata entón, déixovos con esta reflexión:
O que necesitamos son lugares, por exemplo unha mesa e unhas sillas ao redor onde poidamos volver a aprender a ler, a ler xuntos [GEORGE STEINER]
Podería ser este o noso obxectivo para o próximo curso? SENTIRNOS A GUSTO LENDO XUNTOS AO REDOR DUNHA MESA.

05/06/10

PARA QUE SERVE A BIBLIOTECA DO INSTITUTO?

A raíz do vídeo que acabamos de publicar na páxina principal sobre a utilidade dunha biblioteca, ocórresenos plantexarvos a todos os membros do club de lectura esta pregunta: "Para qué vos serve a vós a Biblioteca do Instituto?".

ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS dos que seguro que sacaremos moitas conclusións.